Óxido e semiconductores: música concreta

Aquí estamos de novo co segundo concerto preparado pola asociación. Desta volta propoñemos un achegamento á música concreta da man do holandés Rinus van Alebeek, manipulador de cintas e torturador de casettes que tocará xunto a Miguel Prado. A noite, non obstante comezará con Roberto Mallo a solo. Será na Fundación Luis Seoane o luns día 18 polo módico prezo de 5 €.

Rinus van Alebeek

Artista, viaxeiro, axitador, escritor baixo o seudónimo de Philip Markus, o holandés Rinus van Alebeek é tamén músico e performer. Nas suas viaxes arredor do mundo grava todo tipo de sons que finalmente van parar en forma de cassette á sua grande caixa de onde os saca para realizar as suas composicións musicais. Un 4 pistas, 2 walkmans e dous pedais de efectos; a grande habilidade e recursos de Rinus fan o resto.

No ano 2000 cruzouse con Zan Hoffman no festival LEM de Barcelona e comezou a traballar no campo da gravación de sons. En 2001 viaxou a Estados Unidos e alí entrou en contacto con Jeff Surak de Zeromoon, mentres continuaba o seu traballo con Zan Hoffman. Da man destes dous artistas da cinta caseira, Rinus comezou a desenvolver a sua técnica a base de gravacións con un micrófono externo e un walkman, rexistrando fragmentos, sons da cidade, cruxidos do propio micrófono, etc. Nos seus concertos normalmente preparase os primeiros minutos e logo improvisa continuamente, usando as cintas, o mesturador e un pedal. Se pode gústalle incluir gravacións de sons de arredor do lugar do concerto tomadas previamente.

Miguel Prado

“……El tirón a la punta del ovillo de la exploración del sonido, ha provocado en mí una obsesión, una incontinencia creativa, me siento inseparable al continuo aprendizaje del funcionamiento de las estructuras sonoras y de la “razón de improvisación”. Aunque claramente bajo la influencia de conceptos ligados a mi vida y la escucha de la obra de artistas que me gustan, cuando creo música enfoco mi actividad en el sonido que se está sucediendo y en el contexto en el que se aplica, no en ideas o teorías premeditadas.”

“….Creo que actualmente gran parte de la música que se considera “pop contemporáneo” ejerce de “gran masturbador social”, el hastío por esta generalizada autocomplaciencia me lleva a buscar nuevas formas de hacer crónica de nuestra sinrazón: la propia del triunfante. Quizá fuese bonito que algún día pudiese comunicar directamente al inconsciente…”

“… Mi música son las imperfecciones a desechar del producto con el que comerciar, es el ruido constante y molesto que tratas de obviar…”

Roberto Mallo

Improvisador con base na Coruña, Roberto Mallo utiliza a guitarra e o saxofón nas suas excursións ás fronteiras do ruido. Comezou tocando a guitarra en varios grupos de rock que xa mostraban unha tendencia cara ao ruidismo de bandas como The Velvet Underground e Sonic Youth e á improvisación; é a partires do seu descubrimento do free jazz e da obra de artistas como o último John Coltrane e Sun Ra que comeza a interesarse pola música de “forma libre”.

No ano 2005 forma xunto ao seu irmán Rafael Mallo (batería) e a Óscar Vilariño (baixo) o grupo Volontè, adicado totalmente á improvisación e que a día de hoxe inclúe, ademais dos anteriores; a Miguel Prado (guitarra) e a Raúl García (violín, guitarra). Volontè comeza a sua actividade en directo poñendo banda sonora á película muda O home da cámara do director ruso Dziga Vertov. É no contexto de Volontè que decide pasar ao saxo alto e comezar a experimentación con este, para él, novo instrumento mediante as técnicas extendidas e a electrónica tanto a solo como en grupo.

1 Resposta to “Óxido e semiconductores: música concreta”


  1. 1 Óscar Xuño 12, 2007 en 11:54 pm

    e non poderiades face-lo cartel en cristiano…?


Deixa un comentario