
Acabamos de enterarnos de que Josetxo Anitua, músico vasco vinculado a algunhas das propostas máis arriscadas que naceron alí nos últimos 25 anos como Cancer Moon ou Josetxo Grieta; morreu onte.
Descanse en Paz.
Música experimental e improvisada

Acabamos de enterarnos de que Josetxo Anitua, músico vasco vinculado a algunhas das propostas máis arriscadas que naceron alí nos últimos 25 anos como Cancer Moon ou Josetxo Grieta; morreu onte.
Descanse en Paz.

Novo concerto organizado pola AC Fase, o primeiro de 2008. Terá lugar no Rock’n'Roll Bar na Rúa Pasadizo do Orzán 5 da Coruña. Comezará o duo de Rafael Mallo e Miguel Prado e a continuación os portugueses Frango. O prezo da entrada é de 5 € e o show comeza ás 22.30.
Frango
Frango son un dos máis entusiasmantes grupos da música marxinal feita en Portugal. En actividade dende 2004, sufriu varias mutacións no seu seo ata chegaren agora a 2008 en formato de duo. Polo camiño lanzaron unha serie de edicións que lles proporcionaron un estatuto moi especial. Destacan os álbumes Sitting San na netlabel Test Tube, que deu a coñecer o seu traballo a un número maior de persoas ou Aneboda, disco que marca definitvamente a evolución e creatividade innegable; tal e como testimonian as súas actuacións ao vivo. A sonoridade dos Frango abraza a improvisación free form en construccións musicais desas de pura hipnose onírica, rexeitando as fórmulas cansas do rock mais mantendo o mésmo caracte vibrante, visceral e urxente.
Rafael Mallo / Miguel Prado
O dúo formado por estes dous músicos, batería e guitarra respectivamente, explora as conexións e roces entre a música improvisada e o free jazz de percusionistas como Chris Corsano e Sunny Murray, e o son extremo practicado por grupos como Sunn O))), ou Earth. Baseándose na exploración dos seus instrumentos, este dúo traballa cos sons cotiás mesturados con instrumentos clásicos na procura dunha visión musical por un lado renovadora e por outro respectando a tradición da nova improvisación europea dos anos sesenta e setenta.