
Archive for Outubro, 2009
Programación de outubro do 2009
Publicado Outubro 9, 2009 fase , música Deixa un ComentarioTags: fundación luis seoane, keith rowe, mattin, sinsal
Aquí está a programación do mes de outubro. De paso xa contamos algo que nos quedou no tinteiro anunciando a xornada sobre o libro Ruido & Capitalismo: a partir deste ano o FFMI intégrase no Festival SinSal pasando a ser o Festival SinSal extensión Fase. Como dixemos anteriormente, esperamos continuar cos concertos a un ritmo regular. En principio o día 24 poderáse escoitar por primeira vez ao dúo de Keith Rowe (guitarrista británico fundador do grupo AMM) e a Mattin (músico vasco membro entre outros de Josetxo Grieta, que foi o primeiro concerto que organizamos na asociación). Será ás 21.30 na Fundación Luis Seoane.
Máis información nos vindeiros días.
Ruido e Capitalismo
Publicado Outubro 7, 2009 Uncategorized Deixa un ComentarioTags: FFMI, mattin, miguel prado, roberto mallo, Ruido & Capitalismo
Como apertura da edición do FFMI 2009, e coincidindo coa edición do libro Ruido & Capitalismo por parte de Arteleku celebrarase na Fundación Luis Seoane unha xornada para o encontro e o debate:
“RUIDO E CAPITALISMO”: Desfacer, entender e compartir o tempo xuntos
Coordinación: Mattin, Miguel Prado e Roberto Mallo
Data: 23 de outubro de 17:00h a 21:00h
Lugar: Fundación Luis Seoane
Participación libre e gratuita.
Textos a debate:
“Prisioneros de la tierra, ¡salid!” de Howard Slater e “Anti-Copyright” de Mattin.
Os textos están dispoñibles para descargar dende as páxinas
http://acfase.wordpress.com e http://www.taumaturgia.com
Se os nósos sentidos son apropiados polo capitalismo para ser postos
ao servizo dunha “economía da atención”, comecemos a reapropiar os
nósos sentidos, a nósa capacidade de sentir, os nósos poderes de
percepción; comecemos a guerra á membrana!
A linguaxe alienada é ruido, pero o ruido contén posibilidades, que
poden; quén sabe, ser máis afectivas que discursivas, máis enigmáticas
que dogmáticas.
O ruido e a improvisación son prácticas de risco, que “volven
fráxil”. Aínda así, estos riscos supoñen unha responsabilidade social
que pode levarnos máis alá dunha “falsa liberdade” e nunhas unidades
de diferencia.
É isto o que deberiamos explorar neste experimento? Prepararse para
fracasar, fracasar para prepararse, fracasar dentro da falsa
seguridade; ou compartir e desfacernos un pouco nós mésmos? Todo é
posible. Mais por qué, dende o berce ata o escenario, dende a clase
ata o bar, a miúdo só facemos o que se espera de nós? Qué é o que nos
obriga, o que nos presiona? Cal podería ser o nóso campo de acción en
cada momento específico? Cómo poderiamos mudar as nósas relacións
sociais aquí e agora ou noutro momento específico? Cómo se moven os
nósos corpos no espazo? Cómo informan os nósos sentidos os nósos
pensamentos? Cómo son as nósas resonancias e silencios musicais? Qué
significa isto para distinta xente? Cómo determinan a nósa clase,
xénero e sexualidade, o que facemos, que é o que pensamos e a maneira
na que tocamos? Podemos tocar sen instrumentos e sen identidades?
Se as condicións nas que producimos a nósa música afectan á nósa
maneira de tocar, tratemos de sentir a través deles, de entendelas ao
máximo e, despois, cambiemos estas condicións. Non utilizemos métodos
e formas “ready-made”, tratemos de atopar os nósos própios métodos.
Celebrando a publicación do libro Ruido & Capitalismo compartiremos
unha tarde xuntos nun experimento performativo, onde a teoría non
estea distanciada do espazo no que nos atopamos. Falaremos, leremos,
actuaremos e relacionarémonos entre nós e con algúns dos textos
publicados no libro Ruido & Capitalismo. Pero estos textos non serán
utilizados a modo de reflexión senon de maneira práctica á hora de
compartir tempo e espazo xuntos. Non queremos definir este experimento
nin como taller nin como grupo de lectura senon como un desfacer,
entender e compartir o tempo xuntos para explorar as posibilidades
tanto políticas como creativas da situación mésma que se vaia
xerando. Todo o mundo é benvido a éste experimento.
—
Aquí están os enlaces para descargar os textos mencionados:
Anti-Copyright: por qué la improvisación y el noise van en contra de la idea de la propiedad intelectual por Mattin.
Prisioneros de la Tierra, ¡salid! por Howard Slater.
Para calquer dúbida, o nóso correo electrónico é acfase@gmail.com.
Festival Fase de Música Improvisada 2009
Publicado Outubro 7, 2009 fase , música Deixa un ComentarioTags: FFMI
Volvemos coa segunda edición do FFMI. De momento só temos un concerto confirmado, máis agardamos que este ano o festival se extenda máis no tempo. A idea é ir facendo concertos periódicos máis que xuntalos todos nunhas poucas datas do ano.
En breve daremos máis novas.