Xa están disponibles fotografías dos últimos concertos organizados pola fundación. Podedes velas e comentar a vosas impresións sobre os eventos na sección de concertos.

Música experimental e improvisada
Xa están disponibles fotografías dos últimos concertos organizados pola fundación. Podedes velas e comentar a vosas impresións sobre os eventos na sección de concertos.


Novos concertos na Fundación Luis Seoane organizados pola AC Fase. O próximo será este Domingo 18 ás 20.30 e terá como protagonistas a Angeldust e Big Base.
Angeldust veñen dende Philadelphia e son un trío adicado ao noise que pode definirse como unha mestura de Black Flag con Whitehouse: noise moi intenso e directo con un espírito punk nihilista e ofensivo. Pola súa parte Big Base é o proxecto de Ernesto Avelino en solitario. Integrante tamén do grupo Fasenuova, ven de Asturias e é un apaixonado dos sintetizadores analóxicos e sistemas de ritmos programados mostrando influencias de bandas antigas de ruido electrónico.
Só queda dicir que o prezo da entrada é de 5 € e que esperamos vervos alí.
Vídeo do concerto do día 18 con fragmentos do concerto de Roberto Mallo, Miguel Prado con Rinus van Alebeek e o trío final.

Aquí estamos de novo co segundo concerto preparado pola asociación. Desta volta propoñemos un achegamento á música concreta da man do holandés Rinus van Alebeek, manipulador de cintas e torturador de casettes que tocará xunto a Miguel Prado. A noite, non obstante comezará con Roberto Mallo a solo. Será na Fundación Luis Seoane o luns día 18 polo módico prezo de 5 €.
O próximo día 10 de maio (xoves) ás 21.30 terá lugar na Fundación Luis Seoane un concerto de música experimental promovido pola Asociación Cultural Fase, formada para fomentar a difusión da música experimental en Galicia. Neste concerto actuarán tres formacións: o dúo coruñés composto por Rafael Mallo e Miguel Prado, o grupo vasco Josetxo Grieta e o saxofonista suizo Antoine Chessex. O prezo da entrada é de 5 €.
Rafael Mallo e Miguel Prado son músicos abondo coñecidos na escena coruñesa pola súa participación en proxectos musicais como Devalo, Volontè, Vale Tudo e Triángulo de Amor Bizarro. Nesta formación a dúo, batería e guitarra respectivamente, exploran as conexións e roces entre a música improvisada e o free jazz de percusionistas como Chris Corsano e Sunny Murray, e o son extremo practicado por grupos como Sunn O))) ou Earth. Baseándose na exploración dos seus instrumentos, este dúo traballa cos sons cotiás mesturados con instrumentos clásicos na procura dunha visión musical por un lado renovadora e por outro respetando a tradición da nova improvisación europea dos anos sesenta e setenta.
Josetxo Grieta é un proxecto que nace en febreiro de 2006, coa única premisa de aunar improvisación e ruido aos aspectos máis escuros do rock’n’roll. O grupo fórmase ao unirse Josetxo Anitua, de Cancer Moon banda vasca indispensable para comprender a historia da musica alternativa en España, ao grupo La Grieta formado por Mattin, avanzado improvisador e ruidista vasco máis internacional, residente nas cidades de Londres e Berlín, onde colabora habitualmente con músicos de vital importancia para a historia do Free Jazz e da música experimental. Finalmente complétase con Iñigo Eguillor, batería, que xa acompañou a Mattin no seu primeiro grupo Inte Domine e que compaxina La Grieta con outras singladuras musicais como Gringo. Actualmente están presentando en directo o seu último traballo Euskal Semea (w.m.o/recordings, 2006).
Antoine Chessex, nado en Vevey (Suiza), reside en Berlín dende 2002 e leva dende os primeiros noventa en activo como músico e compositor. Despois de estudiar en Lausana, Sienna e Nova Iorque pasou a un enfoque máis radical incluindo diferentes formas de experimentos sónicos. De forma paralela ao uso “tradicional” do saxofón, desenvolveu unha forma de tocar máis inusual ao usalo para alimentar dous amplificadores de guitarra Marshall: drones, violencia vocal e comportamentos electrónicos caóticos mesturados xuntos en accións físicas intensas. Ademáis das suas actuacións a solo, Chessex lidera a banda de noise-metal MONNO e toca con varias formacións e proxectos; entre os que destacan: Chris Corsano, Alex Dörner, Mattin e Hans Koch entre outros.