Cartel do concerto Pisaro / Mallo / Prado

O cartel do próximo concerto que terá lugar o próximo domingo 22 de maio ás 20 h na Fundación Luis Seoane da Coruña. Entrada de Balde.

Para máis información, pincha aquí.

Advertisements

Michael Pisaro no Festival SinSal Extensión Fase

O próximo domingo día 22 de maio terá lugar o próximo concerto do Festival Sinsal Extensión Fase, desta volta contaremos coa presenza dun dos compositores máis interesantes do grupo Wandelweiser: Michael Pisaro. Nado en Buffalo (EUA), compuxo máis de 80 obras para unha grande diversidade de combinacións instrumentais, incluindo varias pezas para instrumentación variable. A súa música é fráxil e  enfatiza o coidadoso e deliberado proceso de pensamento, de tomar parte de una realidade determinada por un período de tempo (o tempo dentro da composición), e avalían a necesidade de engadir algo que xa existe nese momento (o son).

O concerto constará de dúas partes: en primeiro lugar unha improvisación a trio de Michael Pisaro, Roberto Mallo e Miguel Prado, seguida da interpretación por parte de Pisaro da súa composición  fields have ears (6).

Comezará ás 20 h e a entrada será de balde.

Máis información sobre os participantes:

Continuar lendo ‘Michael Pisaro no Festival SinSal Extensión Fase’

Programación Outubro

Tim Olive & Alfredo Costa Monteiro

Luns 18 de Outubro, Fundación Luis Seoane, A Coruña. 20:30h, Entrada Libre.

Tim Olive naceu en Canadá e comezou na música tocando o baixo eléctrico aos 12 anos interesado polo heavy metal. Posteriormente seguiría por outros camiños, coñecendo o free jazz, a música elctrónica/concreta e a música asiática. Aplicou todo isto ás limitacións do rock e pouco a pouco foron aparecendo formas abstractas a través da improvisación.

Alfredo Costa Monteiro acabou os seus estudos de Escultura e Multimedia con Christian Boltanski no ano 1992 na escola de Belas Artes de París, iniciando unha carreira na que destaca o seu interese pola poesía sonora/visual e o son. Xuntos, estes dous inquedos creadores exploran as relacións entre os seus diferentes campos abrindo o espectro á improvisación pura e os límites do son tal e como o entendemos. En xaneiro do 2011, no selo grego Triple Bath, sairá a súa primeira referencia discográfica, 33 Bays.

http://player.vimeo.com/video/2710047

Alfredo COSTA MONTEIRO REMOR08 from XARXA CUGAT on Vimeo.

Programación de febreiro

Cartel Festival SinSal extensión Fase Febreiro 2010

Estamos de volta cos primeiros concertos de 2010. Como xa dixemos por aquí, na actual edición do festival tratamos de facer concertos durante un período máis longo e non concentrar a acción nunhas poucas datas. En febreiro de 2010 teremos dous concertos do festival, ambos celebraránse na Fundación Luis Seoane.

O primeiro terá lugar o sábado 13 de febreiro e será un trio entre Ryu Hankil, Roberto Mallo e Miguel Prado.

Ryu Hankil

Ryu Hankil naceu en Seúl, Korea do Sul, en 1975. Tocou o teclado en dous famosos grupos koreanos de pop independente pero ao cabo dun tempo deixou os grupos ao cansar do son e forma de tocar esta música. Comezou enton un proxecto de electro pop en solitario, Daytripper, e editou dous discos a solo. Despois de gravar Brownpaper, Hankil colaborou por primeira vez co dúo de noise/improvisación koreano Astronoise. Ao mésmo tempo, acudiu a un concerto de Otomo Yoshihide, Sachiko M, Axel Dörner e Taku Unami en Seúl. Cambiou de instrumento musical e concentrouse máis e máis na música improvisada. Hankil organizou unha serie de concertos mensuais chamada RELAY dende 2005. Estableceu o seu propio selo chamado Manual, que edita música improvisada e revistas. Usa motores de reloxo como instrumentos e e está interesado en atopar estructuras musicais na vibración dos obxectos. Enfoca o seu traballo arredor de non-instrumentos, obxectos abandoados como vellos teléfonos e máquinas de escribir que funcionan como un detournement desa Korea produtora insaciable de electrónica de consumo.
Traballar cos residuos do sistema como instrumento artístico e musical.

É membro do novo proxecto de Otomo Yoshihide FEN (Far East Network [Rede do lonxano oriente en inglés]).

Roberto Mallo

Roberto Mallo (A Coruña, 1980) é un improvisador interesado nos procesos de realimentación, que utiliza como peza principial nas súas actuacións. Se ben o seu principal instrumento hoxe en día é o saxofón, está cada vez máis interesado nas posibilidades da electrónica: tanto con son sintetizado por computador como a través da reapropiación de materiais da sociedade de consumo para integralos como parte do círculo realimentador.

O seu traballo está dispoñible para libre intercambio e utilización, non protexido por ningún tipo de dereitos de autor.

Miguel Prado

Miguel Prado (A Coruña, 1985) é un artista que traballa coa improvisación, o son e o silencio.
Trata de analizar as consecuencias sociais, culturais e políticas que se poden obter a través da música experimental, a improvisación e a creación de situacións. Levar a cabo un proceso de destrución dos roles que perpetúan a noción de espectáculo, que separan a espectador e artisa e que alienan ao consumidor e produtor.
O seu traballo no está suxeito a dereitos de autor, abolir o copyright é o primeiro paso para evitar a natureza seductora do capitalismo consumista.
Aínda que toca a guitarra de maneira autodidacta, non se reafirma como músico, sentirse vinculado a un instrumento ou unha ferramenta en exclusiva é sentirse coartado pola forma na que se veu tocando ese instrumento e elimina a liberdade de comunicación co espazo e co contexto.

O segundo será o domingo 21 de febreiro e correrá a cargo do pianista inglés John Tilbury.

John Tilbury

John Tilbury é un intérprete de piano e improvisador inglés. Formouse no Royal College of Music de Londres con Arthur Alexander e, máis tarde, James Gibb. En Varsovia baixo a titoría de Zbigniew Drzewiecki.

En 1969 gañou o primeiro premio no “International Gaudeamus Interpreters Competition” para intérpretes de música contemporánea. Considerado unha lenda viva dentro deste campo, traballou coas súas figuras máis importantes. Profundizou na obra de John Cage realizando posiblemente a interpretación esencial das Sonatas & Interludes for Prepared Piano para o selo Decca en 1975. Mantivo unha forte amizade co compositor e militante marxista inglés Cornelius Cardew, participando xunto a él na Scratch Orchestra, seminal banda británica adicada á música experimental, e interpretou moitas das súas obras. En 2008 editouse a extensa biografía Cornelius Cardew – A Life Unfinished escrita por Tilbury.

É un intérpete destacable de Howard Skempton, Christian Wolff e sobre todo Morton Feldman. É considerado como o intérprete clave para apreciar a música deste último. É tamén coñecido por introducir a David Tudor dentro da vangarda europea e polas súas improvisacións con piano e cordas como membro do grupo AMM, unha das bandas pioneiras da música experimental e improvisada.

A proposta de John Tilbury para este concerto estará centrada na figura de Samuel Beckett. O programa do concerto será:

  • Cascando
  • Krapp’s last tape
  • Worstward HO
  • Poemas

Ámbos concertos comezarán ás 21.30 e serán de entrada libre. Se precisas máis información, envíanos un correo.

Cartel outubro

Programación de outubro do 2009

Aquí está a programación do mes de outubro. De paso xa contamos algo que nos quedou no tinteiro anunciando a xornada sobre o libro Ruido & Capitalismo: a partir deste ano o FFMI intégrase no Festival SinSal pasando a ser o Festival SinSal extensión Fase. Como dixemos anteriormente, esperamos continuar cos concertos a un ritmo regular. En principio o día 24 poderáse escoitar por primeira vez ao dúo de Keith Rowe (guitarrista británico fundador do grupo AMM) e a Mattin (músico vasco membro entre outros de Josetxo Grieta, que foi o primeiro concerto que organizamos na asociación). Será ás 21.30 na Fundación Luis Seoane.

Máis información nos vindeiros días.

Ruido e Capitalismo

Como apertura da edición do FFMI 2009, e coincidindo coa edición do libro Ruido & Capitalismo por parte de Arteleku celebrarase na Fundación Luis Seoane unha xornada para o encontro e o debate:

“RUIDO E CAPITALISMO”: Desfacer, entender e compartir o tempo xuntos

Coordinación: Mattin, Miguel Prado e Roberto Mallo
Data: 23 de outubro de 17:00h a 21:00h
Lugar: Fundación Luis Seoane
Participación libre e gratuita.

Textos a debate:
Prisioneros de la tierra, ¡salid!” de Howard Slater e “Anti-Copyright” de Mattin.
Os textos están dispoñibles para descargar dende as páxinas
https://acfase.wordpress.com e http://www.taumaturgia.com

Se os nósos sentidos son apropiados polo capitalismo para ser postos
ao servizo dunha “economía da atención”, comecemos a reapropiar os
nósos sentidos, a nósa capacidade de sentir, os nósos poderes de
percepción; comecemos a guerra á membrana!

A linguaxe alienada é ruido, pero o ruido contén posibilidades, que
poden; quén sabe, ser máis afectivas que discursivas, máis enigmáticas
que dogmáticas.

O ruido e a improvisación son prácticas de risco, que “volven
fráxil”. Aínda así, estos riscos supoñen unha responsabilidade social
que pode levarnos máis alá dunha “falsa liberdade” e nunhas unidades
de diferencia.

É isto o que deberiamos explorar neste experimento?  Prepararse para
fracasar, fracasar para prepararse, fracasar dentro da falsa
seguridade; ou compartir e desfacernos un pouco nós mésmos?  Todo é
posible. Mais por qué, dende o berce ata o escenario, dende a clase
ata o bar, a miúdo só facemos o que se espera de nós? Qué é o que nos
obriga, o que nos presiona? Cal podería ser o nóso campo de acción en
cada momento específico? Cómo poderiamos mudar as nósas relacións
sociais aquí e agora ou noutro momento específico? Cómo se moven os
nósos corpos no espazo? Cómo informan os nósos sentidos os nósos
pensamentos? Cómo son as nósas resonancias e silencios musicais? Qué
significa isto para distinta xente? Cómo determinan a nósa clase,
xénero e sexualidade, o que facemos, que é o que pensamos e a maneira
na que tocamos? Podemos tocar sen instrumentos e sen identidades?

Se as condicións nas que producimos a nósa música afectan á nósa
maneira de tocar, tratemos de sentir a través deles, de entendelas ao
máximo e, despois, cambiemos estas condicións.  Non utilizemos métodos
e formas “ready-made”, tratemos de atopar os nósos própios métodos.

Celebrando a publicación do libro Ruido & Capitalismo compartiremos
unha tarde xuntos nun experimento performativo, onde a teoría non
estea distanciada do espazo no que nos atopamos. Falaremos, leremos,
actuaremos e relacionarémonos entre nós e con algúns dos textos
publicados no libro Ruido & Capitalismo. Pero estos textos non serán
utilizados a modo de reflexión senon de maneira práctica á hora de
compartir tempo e espazo xuntos. Non queremos definir este experimento
nin como taller nin como grupo de lectura senon como un desfacer,
entender e compartir o tempo xuntos para explorar as posibilidades
tanto políticas como creativas da situación mésma que se vaia
xerando. Todo o mundo é benvido a éste experimento.

Aquí están os enlaces para descargar os textos mencionados:

Anti-Copyright: por qué la improvisación y el noise van en contra de la idea de la propiedad intelectual por Mattin.

Prisioneros de la Tierra, ¡salid! por Howard Slater.

Para calquer dúbida, o nóso correo electrónico é acfase@gmail.com.