
Programación de outubro do 2009
Publicado Outubro 9, 2009 fase , música Deixa un ComentarioTags: fundación luis seoane, keith rowe, mattin, sinsal
Aquí está a programación do mes de outubro. De paso xa contamos algo que nos quedou no tinteiro anunciando a xornada sobre o libro Ruido & Capitalismo: a partir deste ano o FFMI intégrase no Festival SinSal pasando a ser o Festival SinSal extensión Fase. Como dixemos anteriormente, esperamos continuar cos concertos a un ritmo regular. En principio o día 24 poderáse escoitar por primeira vez ao dúo de Keith Rowe (guitarrista británico fundador do grupo AMM) e a Mattin (músico vasco membro entre outros de Josetxo Grieta, que foi o primeiro concerto que organizamos na asociación). Será ás 21.30 na Fundación Luis Seoane.
Máis información nos vindeiros días.
Ruido e Capitalismo
Publicado Outubro 7, 2009 Uncategorized Deixa un ComentarioTags: FFMI, mattin, miguel prado, roberto mallo, Ruido & Capitalismo
Como apertura da edición do FFMI 2009, e coincidindo coa edición do libro Ruido & Capitalismo por parte de Arteleku celebrarase na Fundación Luis Seoane unha xornada para o encontro e o debate:
“RUIDO E CAPITALISMO”: Desfacer, entender e compartir o tempo xuntos
Coordinación: Mattin, Miguel Prado e Roberto Mallo
Data: 23 de outubro de 17:00h a 21:00h
Lugar: Fundación Luis Seoane
Participación libre e gratuita.
Textos a debate:
“Prisioneros de la tierra, ¡salid!” de Howard Slater e “Anti-Copyright” de Mattin.
Os textos están dispoñibles para descargar dende as páxinas
http://acfase.wordpress.com e http://www.taumaturgia.com
Se os nósos sentidos son apropiados polo capitalismo para ser postos
ao servizo dunha “economía da atención”, comecemos a reapropiar os
nósos sentidos, a nósa capacidade de sentir, os nósos poderes de
percepción; comecemos a guerra á membrana!
A linguaxe alienada é ruido, pero o ruido contén posibilidades, que
poden; quén sabe, ser máis afectivas que discursivas, máis enigmáticas
que dogmáticas.
O ruido e a improvisación son prácticas de risco, que “volven
fráxil”. Aínda así, estos riscos supoñen unha responsabilidade social
que pode levarnos máis alá dunha “falsa liberdade” e nunhas unidades
de diferencia.
É isto o que deberiamos explorar neste experimento? Prepararse para
fracasar, fracasar para prepararse, fracasar dentro da falsa
seguridade; ou compartir e desfacernos un pouco nós mésmos? Todo é
posible. Mais por qué, dende o berce ata o escenario, dende a clase
ata o bar, a miúdo só facemos o que se espera de nós? Qué é o que nos
obriga, o que nos presiona? Cal podería ser o nóso campo de acción en
cada momento específico? Cómo poderiamos mudar as nósas relacións
sociais aquí e agora ou noutro momento específico? Cómo se moven os
nósos corpos no espazo? Cómo informan os nósos sentidos os nósos
pensamentos? Cómo son as nósas resonancias e silencios musicais? Qué
significa isto para distinta xente? Cómo determinan a nósa clase,
xénero e sexualidade, o que facemos, que é o que pensamos e a maneira
na que tocamos? Podemos tocar sen instrumentos e sen identidades?
Se as condicións nas que producimos a nósa música afectan á nósa
maneira de tocar, tratemos de sentir a través deles, de entendelas ao
máximo e, despois, cambiemos estas condicións. Non utilizemos métodos
e formas “ready-made”, tratemos de atopar os nósos própios métodos.
Celebrando a publicación do libro Ruido & Capitalismo compartiremos
unha tarde xuntos nun experimento performativo, onde a teoría non
estea distanciada do espazo no que nos atopamos. Falaremos, leremos,
actuaremos e relacionarémonos entre nós e con algúns dos textos
publicados no libro Ruido & Capitalismo. Pero estos textos non serán
utilizados a modo de reflexión senon de maneira práctica á hora de
compartir tempo e espazo xuntos. Non queremos definir este experimento
nin como taller nin como grupo de lectura senon como un desfacer,
entender e compartir o tempo xuntos para explorar as posibilidades
tanto políticas como creativas da situación mésma que se vaia
xerando. Todo o mundo é benvido a éste experimento.
—
Aquí están os enlaces para descargar os textos mencionados:
Anti-Copyright: por qué la improvisación y el noise van en contra de la idea de la propiedad intelectual por Mattin.
Prisioneros de la Tierra, ¡salid! por Howard Slater.
Para calquer dúbida, o nóso correo electrónico é acfase@gmail.com.
Festival Fase de Música Improvisada 2009
Publicado Outubro 7, 2009 fase , música Deixa un ComentarioTags: FFMI
Volvemos coa segunda edición do FFMI. De momento só temos un concerto confirmado, máis agardamos que este ano o festival se extenda máis no tempo. A idea é ir facendo concertos periódicos máis que xuntalos todos nunhas poucas datas do ano.
En breve daremos máis novas.
Festival Fase de Música Improvisada 2008
Publicado Outubro 24, 2008 fase , música Deixa un Comentario
Os próximos días 31 de outubro e 28 de novembro terán lugar os dous concertos que compoñen o Festival Fase de Música Improvisada 2008 (FFMI) na súa primeira edición. Este festival está organizado pola Asociación Cultural Fase (acfase.wordpress.com) coa axuda da Fundación Luis Seoane.
O día 31 de outubro terá lugar a primeira colaboración en directo entre o neerlandés Jozef Van Wissem (laúde) e o galego Miguel Prado (guitarra). O segundo concerto será o 28 de novembro e constituirá a primeira actuación en Galicia do dúo formado por Radu Malfatti e Taku Unami, dous dos músicos máis activos na música de vangarda actual.
Ambos concertos comezarán ás 22.30 h e serán de entrada libre. Terán lugar no salón de actos da Fundación Luis Seoane, A Coruña (www.luisseoanefund.org).
Do, o alter ego do navarro Joseba Irazoki, estará de xira esta semana por Galicia. Serán tres datas: o 2 de outubro na Sala Babel (Rúa San Roque 153-155) de Lugo xunto a Vale Tudo (0 h, 5 €), o 3 de outubro na Cova dos Ratos (Rúa Romil 3, Baixo) en Vigo (22.30h) e o 4 de outubro no Pub Carteles (Rúa Sol 139) en Ferrol (22.30h, 3 €).
Michel Henritzi e Rinji Fukuoka en Galicia
Publicado Maio 22, 2008 Uncategorized Deixa un Comentario
VENRES 23 A CORUÑA CGAI 21:00 1,20 EUROS MICHEL HENRITZI e RINJI FUKUOKA (Francia, Xapón) + Film My name is Albert Ayler
LUNS 26 VIGO TEATRO ENSAYE 20:30 6 EUROS MICHEL HENRITZI e RINJI FUKUOKA (Francia, Xapón) + MIGUEL PRADO (Galicia) + Film My name is Albert Ayler
MICHEL HENRITZI e RINJI FUKUOKA (Francia, Xapón) + MIGUEL PRADO (Galicia)
O improvisador francés Michel Henritzi (guitarra) leva case tres décadas a explorar e deconstruír a American Primitive Music, implicado en diferentes proxectos musicais como Dustbreeders ou Howlin’ Ghost Proletarians. Colaborador de Bruce Russell, Taku Unami, Taku Sugimoto ou Toshimaru Nakamura e experto coñecedor da música nipona, vén a Vigo acompañado do violinista Rinji Fukuoka, membro da banda de improv rock xaponesa Overhang Party. O seu proxecto conxunto, Walking in the Shadow, con proxeccións do fotógrafo Kumiko Karino, é unha persoal achega á música psicodélica e experimental. Completa o programa, en solitario e a dúo con Henritzi, o galego Miguel Prado (A Coruña, 1985), un improvisador que envorca a súa experimentación coa guitarra cara ao reducionismo do blues máis primitivo na procura de conexións entre os arquetipos sociais e a razón da improvisación.

Acabamos de enterarnos de que Josetxo Anitua, músico vasco vinculado a algunhas das propostas máis arriscadas que naceron alí nos últimos 25 anos como Cancer Moon ou Josetxo Grieta; morreu onte.
Descanse en Paz.
Frango e Rafael Mallo / Miguel Prado o sábado 29
Publicado Abril 11, 2008 fase , música Deixa un Comentario
Novo concerto organizado pola AC Fase, o primeiro de 2008. Terá lugar no Rock’n'Roll Bar na Rúa Pasadizo do Orzán 5 da Coruña. Comezará o duo de Rafael Mallo e Miguel Prado e a continuación os portugueses Frango. O prezo da entrada é de 5 € e o show comeza ás 22.30.
Frango
Frango son un dos máis entusiasmantes grupos da música marxinal feita en Portugal. En actividade dende 2004, sufriu varias mutacións no seu seo ata chegaren agora a 2008 en formato de duo. Polo camiño lanzaron unha serie de edicións que lles proporcionaron un estatuto moi especial. Destacan os álbumes Sitting San na netlabel Test Tube, que deu a coñecer o seu traballo a un número maior de persoas ou Aneboda, disco que marca definitvamente a evolución e creatividade innegable; tal e como testimonian as súas actuacións ao vivo. A sonoridade dos Frango abraza a improvisación free form en construccións musicais desas de pura hipnose onírica, rexeitando as fórmulas cansas do rock mais mantendo o mésmo caracte vibrante, visceral e urxente.
Rafael Mallo / Miguel Prado
O dúo formado por estes dous músicos, batería e guitarra respectivamente, explora as conexións e roces entre a música improvisada e o free jazz de percusionistas como Chris Corsano e Sunny Murray, e o son extremo practicado por grupos como Sunn O))), ou Earth. Baseándose na exploración dos seus instrumentos, este dúo traballa cos sons cotiás mesturados con instrumentos clásicos na procura dunha visión musical por un lado renovadora e por outro respectando a tradición da nova improvisación europea dos anos sesenta e setenta.

Este señor do balancín é Rafael Martínez del Pozo: AA Tigre; e estará tocando no Rock’n'Roll da Coruña o xoves día 27 (dentro de dous días!!). A entrada serán tres euros e a hora de comezo é ás 22.30.


